Fronte ao Cambio Climático: Utiliza Madeira é unha publicación do CEI-Bois, cuxa tradución ao castelán é ofrecida pola Asociación Nacional de Fabricantes de Tableros (Anfta), o CIS-Madeira e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
O obxectivo da publicación é contribuír a un mellor entendemento dos beneficios ambientais que poden conseguirse cun maior uso dos produtos de madeira e derivados. Ademais das calidades positivas intrínsecas dos produtos derivados da madeira, este manual tamén ten como obxectivo mostrar a importante contribución das industrias da transformación da madeira á creación de emprego e benestar en Europa, particularmente nas zonas rurais.
A versión en inglés "Tackle Climate Change: Use Wood" foi actualizada en 2012 cos últimos datos sobre a industria e o estado dos bosques.