Inicio

Axenda

-

Presentación de resultados "Madeira en valor"

O convenio de colaboración “Madeira en Valor” (2023 – 2025) entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural tivo como finalidade impulsar o uso do castiñeiro como material estrutural, promovendo a súa contribución á descarbonización do sector da construción e xerando valor ao longo de toda a cadea forestal-madeira en Galicia.
Esta xornada permitirá coñecer de primeira man os resultados da investigación, así como as súas aplicacións prácticas e o seu potencial para avanzar cara a un modelo construtivo máis sustentable

  • Data: 28 de abril de 2026 
  • Horario: 11:30 – 14:00 h 
  • Lugar: Salón de Actos da Escola Politécnica Superior (Campus de Lugo) na rúa Benigno Ledo s/n, 27002, Lugo
    Ver texto
5º FORUM INTERNACIONAL DE CONSTRUCCIÓN CON MADERA

-

5º Fórum Internacional de Construcción con Madera

O Palacio de Congresos de Navarra BALUARTE de Pamplona acolle o 5º Fórum Internacional de Construción con Madeira, unha cita fundamental en relación co desenvolvemento da construción con madeira en España. O congreso céntrase en cuestións técnicas e prácticas, enfocadas ao mundo profesional. En paralelo a un programa de conferencias a cargo de relatores expertos, nacionais e internacionais, celébrase unha exposición onde se poderán coñecer e mostrar os últimos avances en produtos y técnicas do sector.

Resonate

Xornada técnica: Valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia

Xornada técnica do proxecto RESONATE: "Avances do proxecto tecnolóxico para a valorización sustentable da madeira das masas de frondosas de Galicia" que terá lugar na sala de eventos do Edificio Fontán na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o xoves 20.03.2025 de 10:30 a 15:00 h.

Inscricións: https://apunta.xunta.gal/gl/form/xornada-tecnica-resonate

 

 

frondosas

-

Simposio 'As frondosas autóctonas, a resiliencia do sector forestal?'

No marco do Proxecto autonómico para a valorización sustentable das masas de frondosas de Galicia e do proxecto europeo RESONATE 'Cadeas de valor forestais resilientes – mellorando a resiliencia mediante respostas naturais e socioeconómicas', organizamos o Simposio 'As frondosas autóctonas, ¿a resiliencia do sector forestal?'. O obxectivo do evento é, por unha banda, intercambiar coñecementos sobre innovacións en frondosas en toda Europa e, por outra banda, debater sobre ferramentas de apoio á decisión e avaliacións de resiliencia para mellorar a resiliencia da cadea de valor forestal en Galicia.
Congreso WOODRISE

-

Congreso WOODRISE 2023

Burdeos acollerá a 4ª edición do congreso "WOODRISE", na que, a través de sesións plenarias e talleres, unha cincuentena de relatores internacionais presentarán os diferentes retos globais da construción en madeira de media e alta altura.

5ª Conferencia Europea Biomass PowerON 2023

-

5ª Conferencia Europea Biomass PowerON 2023

Nesta conferencia presentarase información relativa ao papel da bioenerxía na descarbonización, a perspectiva da industria forestal en relación coa demanda de biomasa e pélets de madeira, así como na influencia da lexislación europea no sector da bioenerxía.

Curso de cálculo sísmico en estruturas de madeira

-

Curso de cálculo sísmico en estruturas de madeira

Formación en deseño e cálculo sísmico en estruturas de madeira, mediante clases teóricas presenciais e clases online, a través de software especializado e casos concretos. Tamén se abordará a investigación experimental actual.

Xornada A Nova Bauhaus Europea: construción e mobiliario

Xornada A Nova Bauhaus Europea: construción e mobiliario

En relación coa celebración da Asemblea Xeral Anual da Federación Europea de Fabricantes de Taboleiros (EPF), organízase esta xornada sobre a NBE na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela.