Encóntrase situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), na provincia de Ourense. Depende da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, enmarcándose dentro da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).
O CIS Madeira é unha entidade pública creada en 1996 co obxectivo de prestar servizos de apoio á innovación, no ámbito da industria de transformación da madeira, e contribuír ao desenvolvemento económico sustentable do sector forestal en Galicia.
Iniciativas orientadas cara á investigación aplicada e a transferencia de coñecemento.
Estudos no ámbito do uso da madeira no ámbito da construción e o desenvolvemento de materiais avanzados sustentables.
Actividades de formación e comunicación relacionadas coa cadea de valor monte-industria.