Actualidade

Participación do CIS Madeira no Congreso Profesional de Tratamento e Conservación de Madeira – Expocida Madeira (Bilbao)

Participación do CIS Madeira no Congreso Profesional de Tratamento e Conservación de Madeira – Expocida Madeira (Bilbao)

 

Bilbao,

Os pasados 9 e 10 de Marzo celebrouse a 3ª edición do Congreso Profesional de Tratamento e Conservación de Madeira – Expocida Madeira en Bilbao.

Este Congreso Internacional busca dar coñecementos actuais sobre tratamentos novos e efectivos para unha mellor prevención, mantemento, xestión de pragas e conservación da madeira. Diríxese a profesionais do sector do control de pragas, a construción, a rehabilitación, a arquitectura e a restauración.

O Congreso contou coa participación de máis de 200 participantes de varios países, entre eles Manuel Touza da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA – CIS Madeira). Manuel Touza expuxo parte do traballo experimental desenvolto no proxecto Eguralt, no marco da mesa redonda sobre “Patoloxías en madeira”. O título da súa presentación foi: “Protección preventiva das edificacións de paneis de madeira contralaminada (CLT) fronte ás termitas subterráneas”.